Dúas formigas, que paseaban polo campo preto dun escuro bosque, viron na espesura unha pedra grande tapizada de carriza e decidiron descansar ao seu carón para merendar. De súpeto unha afinada voz de muller nova comezou a cantar ás súas costas. Non había dúbida ningunha, a voz viña da pedra. Quen se agocharía alí?
A pedra e as formigas é un libro, dirixido a lectores avanzados de sete anos en diante, escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano. Unha divertida fábula de animais sobre a amizade, onde as cancións e adiviñas teñen un papel destacado para desvelar a intriga que se lle propón aos lectores.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.