Manuel, un mestre xubilado, tiña centos e centos de libros que, cando abría, convertía en bolboretas. A súa filla era médica e marchara a África a traballar e a súa compañeira morrera. Manuel estaba só e sobráballe tempo e non sabía que facer con el, o que o poñía moi nervioso. Un día decidiu fabricar a felicidade e preparou un cartel que, logo puxo na súa porta, e rezaba: “¿Quen me quere adoptar? Busco familia con nenos.”¿Quen me quere adoptar? de Fina Casalderrey é un libro que propón aos nenos e nenas de sete anos en diante unha reflexión sobre a soidade que viven moitas das persoas maiores: ¿É posible adoptar un avó? A importancia e o valor dos libros e as relacións familiares son outros dos temas que aborda un texto marabilloso, ilustrado por Mª Fe Quesada.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.