“Historia da costa galega e os seus naufraxios (século XX)”, de Fernando Patricio Cortizo, é o resultado dunha longa investigación en torno ás páxinas máis dramáticas, escuras e lendarias que o mar galego escribiu sobre as embarcacións que o surcaban e ás que fixo naufragar nas nosas costas. A partir dunha valiosa información recuperada de arquivos e da memoria das xentes, Fernando Patricio reconstrúe minuciosamente, ano tras ano, esa crónica dramática, épica e lendaria, que, non o esquezamos, en moitos casos foi sinónimo de traxedia e de morte. Cunha importante documentación gráfica e unha pormenorizada información, “Historia da costa galega e os seus naufraxios (século XX)” recupera para a nosa memoria a traxedia de todos e cada un dos buques que naufragaron na costa galega, desde o Serpent ao Prestige, pasando pola negra estirpe do Polycommander, Urquiola, Andros Patria, Casón, Aegean Sea, etc., sen esquecer determinados contextos históricos fundamentais como o desenvolvemento da industria conserveira e a expansión do sector naval en Vigo, a consignación migratoria en Galicia, os acontecementos militares das dúas guerras mundiais, a Guerra Civil, os apresamentos, os temporais e furacáns, a mítica memoria da Costa da Morte e do seu fotógrafo Ramón Caamaño, as illas, os faros, así como a reprodución das cartas mariñas cos naufraxios rexistrados en Galicia ata o século XX.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.