https://hablamosdelibros.es/producto/pan-con-chocolate-2/104823Pan con chocolateEste libro non conta unha historia, conta moitas historias. Este libro conta a historia dun neno chamado Gianni Rodari, pero tamén podería contar as historias de moitos outros nenos e moitas outras nenas que soñan e escriben para poder ter tantas vidas como queiran. Porque neste libro hai gatos, piratas, bruxas, cans, trens, corvos, teléfonos, cebolas, tomates... Imaxina ler este libro comendo pan con chocolate. Este é un libro para imaxinar aventuras. Este é un libro para xogar. Este é un libro para que te divirtas aínda máis.
https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00322301-600x845.jpg13.50instockLibros infantiles00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00322301-300x300.jpg987259873798763987119870513.500.000.002023-02-20T21:49:05+02:00
Pan con chocolate
Este libro non conta unha historia, conta moitas historias. Este libro conta a historia dun neno chamado Gianni Rodari, pero tamén podería contar as historias de moitos outros nenos e moitas outras nenas que soñan e escriben para poder ter tantas vidas como queiran. Porque neste libro hai gatos, piratas, bruxas, cans, trens, corvos, teléfonos, cebolas, tomates… Imaxina ler este libro comendo pan con chocolate. Este é un libro para imaxinar aventuras. Este é un libro para xogar. Este é un libro para que te divirtas aínda máis.
Este libro non conta unha historia, conta moitas historias. Este libro conta a historia dun neno chamado Gianni Rodari, pero tamén podería contar as historias de moitos outros nenos e moitas outras nenas que soñan e escriben para poder ter tantas vidas como queiran. Porque neste libro hai gatos, piratas, bruxas, cans, trens, corvos, teléfonos, cebolas, tomates… Imaxina ler este libro comendo pan con chocolate. Este é un libro para imaxinar aventuras. Este é un libro para xogar. Este é un libro para que te divirtas aínda máis.
Paula Carballeira (Fene, 1972) é licenciada en Filoloxía Hispánica e dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral. Como autora de literatura infantil publicou, entre outras, as seguintes obras narrativas: «A percura» (1990); «Robín e a boa xente» (1995); «Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima» (1996); «Mateo» (1999); «Olo-iepu-iepu» (1999); «Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico» (Xerais 1999); «Paco» (2001); «Correo urxente» (2001); «O ganso pardo» (2002); «A era de Lázaro» (2004); «Smara» (2006); «A casa redonda» (2008); «As outras historias» (2011); «Casas» (2012); «O principio»; «A burra Ramona» (2013), «Bruxa e familia» (2017), «Pan con chocolate. A merenda de Gianni» (Xerais 2021) ou «Trece avisos. Contos para ler pola noite» (Xerais 2022). Como dramaturga publicou «Boas noites» (Xerais 2007), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007; «Alicia & Alicia» (2010); «Pressing catch» (2010); «A folla máis alta» (2012); «O refugallo» (Xerais 2013), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2011; «Somos os monstros» (Xerais 2019), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018, ou «Wombo Combo» (Xerais 2023). Ten publicado, tamén, o poemario «Contatrás» (2006) e o texto teatral «As alumnas» (2022), que a fixo merecedora do Premio Nacional de Literatura Dramática 2023. En 2025 publica, xunto co ilustrador Iván R., o álbum «Alicia e a mestra de Oza» dentro da colección Pequena Memoria de Xerais.
Xiana Teymoy (Vigo, 1982). Especializada en ilustración e deseño gráfico pola Universidade Politécnica de Valencia, deseguida dirixe o seu traballo cara ao ámbito da ilustración infantil e xuvenil. Colabora con varias revistas infantís e ilustra para diversas editoriais en proxectos tanto de carácter didáctico como narrativo. Alén das fronteiras, traballa en proxectos para o estranxeiro a través dunha axencia que a representa no Reino Unido e nos Estados Unidos. En Xerais é autora das ilustracións de «Plan de rescate» (2020), «Pan con chocolate. A merenda de Gianni» (2021), «Demetrio Demoscopio perdeu a chispa» (2022), «A botella de lentellas» (2023) e «A última xastra» (2026).
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!