https://hablamosdelibros.es/producto/o-peso-do-cerebro/104897O peso do cerebroEn «O peso do cerebro», unha sorprendente e innovadora novela de Xesús Constela, cuestiónase de que xeito, chegada a vellez, poden as nosas lembranzas confabularse para nos manipular e en que lugares se agachan esas memorias traizoeiras. Na cidade barco, que languidece tras perder o lustre do seu glorioso pasado de grandes estaleiros e insignes navegantes, don Honorio, enguedellados por completo os seus pensamentos, congrega arredor de si un singular grupo de personaxes mentres procura o xeito de coller unha lancha na que poder cruzar a ría para asistir a unha verbena. A súa neta Paula corre desesperada no seu auxilio para ver de impedir que poida sufrir ningún dano. Entrementres, agachadas no falso anonimato do pé de páxina, dúas mulleres rexouban sen censura nin escrúpulos acerca de todo canto vai pasando.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00331201-600x890.jpg9.99instockLiteraturaNovela literaria00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00331201-300x300.jpg10246910244510141899666990309.990.000.002023-02-20T21:51:51+02:00
O peso do cerebro
En «O peso do cerebro», unha sorprendente e innovadora novela de Xesús Constela, cuestiónase de que xeito, chegada a vellez, poden as nosas lembranzas confabularse para nos manipular e en que lugares se agachan esas memorias traizoeiras. Na cidade barco, que languidece tras perder o lustre do seu glorioso pasado de grandes estaleiros e insignes navegantes, don Honorio, enguedellados por completo os seus pensamentos, congrega arredor de si un singular grupo de personaxes mentres procura o xeito de coller unha lancha na que poder cruzar a ría para asistir a unha verbena. A súa neta Paula corre desesperada no seu auxilio para ver de impedir que poida sufrir ningún dano. Entrementres, agachadas no falso anonimato do pé de páxina, dúas mulleres rexouban sen censura nin escrúpulos acerca de todo canto vai pasando.
En «O peso do cerebro», unha sorprendente e innovadora novela de Xesús Constela, cuestiónase de que xeito, chegada a vellez, poden as nosas lembranzas confabularse para nos manipular e en que lugares se agachan esas memorias traizoeiras. Na cidade barco, que languidece tras perder o lustre do seu glorioso pasado de grandes estaleiros e insignes navegantes, don Honorio, enguedellados por completo os seus pensamentos, congrega arredor de si un singular grupo de personaxes mentres procura o xeito de coller unha lancha na que poder cruzar a ría para asistir a unha verbena. A súa neta Paula corre desesperada no seu auxilio para ver de impedir que poida sufrir ningún dano. Entrementres, agachadas no falso anonimato do pé de páxina, dúas mulleres rexouban sen censura nin escrúpulos acerca de todo canto vai pasando.
Xesús Constela (Ferrol, 1963) reside en Poio. Deuse a coñecer ao gañar o Premio Torrente Ballester con «As humanas proporcións» (2004), colección de relatos galardoada tamén co premio da Asociación Española de Críticos Literarios. En 2007 publica a novela «Libro das alquimias» (2007). En 2008 gañou o Premio Manuel García Barros con «Shakespeare destilado» (2008), un monólogo humorístico sobre o proceso creativo que pon en dúbida a ficción tradicional e xoga coa tradición literaria de William Shakespeare. Na novela «15.724» (Xerais, 2012), que obtivo un grande éxito de crítica, presenta un xogo de voces narradoras que obrigan a reflexionar acerca de asuntos como a fronteira entre a cordura e a tolemia, a submisión ao poder ou a aplicación da pena de morte. En 2014 publicou «Apoteose das perchas», unha novela breve en clave de sátira, e posteriormente «A rotura das paisaxes» (Xerais, 2016), «Lisa deitada» (2018), «O peso do cerebro» (Xerais, 2021) e «Doce voz de Megafonía» (Xerais, 2025).
Foi colaborador do suplemento «Nordesía» do «Diario de Ferrol» entre os anos 2004 e 2009 e ten numerosos artigos publicados en xornais e revistas. Participou en varias obras colectivas: «Pontevedra, laranxeiras e limoeiros», «Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica», e en dous volumes da serie «Contos do sacaúntos» da Fundación Vicente Risco. Co título de «Como se fixo o primeiro alfabeto» (2008) publicou a tradución e adaptación de dous contos de Rudyard Kipling. Foto do autor: Helena Constela.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!