Os versos de Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros flúen do goce do tempo, da luz nas pernas, das cicatrices xusto onde agroma a vida, do niño esfiañado e do adeus.
Hai que descalzarse para transitar pola propia vida. Só ti podes arrastrar a túa armadura e acostumarte a vivir cos cans negros pegados ás pernas. Hai que aprender das árbores e pasar ao próximo anel, físgoas concéntricas impresas que suxeitan a que virá. Cada chanzo, neste xogo íntimo, obriga a facer soltas, feridas a romper cinchas, a celebrar derrotas, pero sabendo que xuño volverá falando baixiño e abalándose nos cables da luz.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.