Despois de «Cantares gallegos» (1863) e «Follas novas» (1880), «En las orillas del Sar» (1884) é un salto adiante e definitivo por parte da autora á hora de situarse na literatura moderna europea, na «Weltliteratur». Contrariamente á visión da obra como unha dimisión, demóstrase aquí o seu intenso carácter nacional galego, tanto no histórico-político, como no cultural ou literario. O Sar da Terra de Iria e de Compostela-Conxo é o río da vida da autora e mailo río da súa literatura. Agora que se apaga e que remata, Rosalía edifica unha extraordinaria arquitectura lírica e formal para o acabamento, para as súas voces e os seus límites, para as súas dúbidas e abismos. «En las orillas del Sar» é final e cume dunha escritora extraordinaria.
Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín («A espiral no espello. “Bretaña, Esmeraldina” e o sistema literario galego»), vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición crítica de «En las orillas del Sar» ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.