Rebeca observa dende a xanela do seu cuarto a destrución da Capital do Mundo e emprende unha marcha na procura da supervivencia. Fóra de Muros, Blau, muller por decisión propia, lidera o seu pobo nunha revolta contra a inxustiza e a desigualdade. Moi lonxe, nunha terra invadida e desangrada pola guerra, Faheema observa como un helicóptero imperial cae abatido na base do lexionario Tichborne, soldado alistado nunha guerra sen final. Elas e el sobreviven nun mundo que agoniza, aparentemente dirixido polo Supremo Líder, Albert Sabaf. A partir desa diversidade de espazos, todas e todos acabarán por confluír nunha historia en que as mulleres han loitar por construíren o futuro. “As mulleres da fin do mundo” é unha novela de Daniel Asorey que nos deixa sen alento.
Foto da portada: © Javier Teniente
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.