https://hablamosdelibros.es/producto/vigo-metropolitano-na-galicia-celtica/105895Vigo metropolitano na Galicia célticaDesapareceu o pobo celta? Esvaeuse a súa cultura milenaria? A verdade é que posiblemente ningún pobo tivo unha influencia tan profunda no transcurso da nosa historia. Non se pode entender unha Galicia sen o románico, como tampouco sen o mundo celta. Parece imposible que dous mil anos despois sigamos falando dunha sociedade celta que aínda conta con facetas escuras e relativamente descoñecidas, se ben os avances nos descubrimentos arqueolóxicos e as investigacións etnográficas xa permitiron identificar mellor estas agrupacións étnicas e comprender devagariño a súa natureza e realidade.
Afortunadamente, hai un renacer nas investigacións atlánticas sobre a cultura céltica que enchen de contido ese grande espazo milenario, que outras fontes históricas enmudeceron esgrimindo con frecuencia que iso foi debido a que non había nada digno de ser destacado. Actitudes similares tamén as atopamos coa cultura fenicia, poderoso vínculo enriquecedor da cultura celta autóctona, se cadra porque a importancia destas dúas culturas afectaba ás persoas que transmitiron a noticia.
https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00265201-600x788.jpg23.95instockLiteraturaCiencia historia y sociedadUniversidadLiteratura contemporáneaHistoria00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00265201-300x300.jpg10277510729910288310263310731323.950.000.002023-02-20T22:29:43+02:00
Vigo metropolitano na Galicia céltica
Desapareceu o pobo celta? Esvaeuse a súa cultura milenaria? A verdade é que posiblemente ningún pobo tivo unha influencia tan profunda no transcurso da nosa historia. Non se pode entender unha Galicia sen o románico, como tampouco sen o mundo celta. Parece imposible que dous mil anos despois sigamos falando dunha sociedade celta que aínda conta con facetas escuras e relativamente descoñecidas, se ben os avances nos descubrimentos arqueolóxicos e as investigacións etnográficas xa permitiron identificar mellor estas agrupacións étnicas e comprender devagariño a súa natureza e realidade.
Afortunadamente, hai un renacer nas investigacións atlánticas sobre a cultura céltica que enchen de contido ese grande espazo milenario, que outras fontes históricas enmudeceron esgrimindo con frecuencia que iso foi debido a que non había nada digno de ser destacado. Actitudes similares tamén as atopamos coa cultura fenicia, poderoso vínculo enriquecedor da cultura celta autóctona, se cadra porque a importancia destas dúas culturas afectaba ás persoas que transmitiron a noticia.
Desapareceu o pobo celta? Esvaeuse a súa cultura milenaria? A verdade é que posiblemente ningún pobo tivo unha influencia tan profunda no transcurso da nosa historia. Non se pode entender unha Galicia sen o románico, como tampouco sen o mundo celta. Parece imposible que dous mil anos despois sigamos falando dunha sociedade celta que aínda conta con facetas escuras e relativamente descoñecidas, se ben os avances nos descubrimentos arqueolóxicos e as investigacións etnográficas xa permitiron identificar mellor estas agrupacións étnicas e comprender devagariño a súa natureza e realidade.
Afortunadamente, hai un renacer nas investigacións atlánticas sobre a cultura céltica que enchen de contido ese grande espazo milenario, que outras fontes históricas enmudeceron esgrimindo con frecuencia que iso foi debido a que non había nada digno de ser destacado. Actitudes similares tamén as atopamos coa cultura fenicia, poderoso vínculo enriquecedor da cultura celta autóctona, se cadra porque a importancia destas dúas culturas afectaba ás persoas que transmitiron a noticia.
Evaristo Pereira (Vigo, 1959). Deseñador gráfico e ilustrador. Ten colaborado como debuxante publicitario en axencias locais e nacionais en diversas campañas publicitarias, así como en xornais galegos, nun deles no apartado cultural, A pizarra do Faro de Vigo. Actualmente traballa como ilustrador para diferentes editoriais galegas. O seu primeiro libro publicado na Colección Merlín é Señor Meco (Xerais, 2012).
Carlos Núñez é publicista e deseñador, articulista e comentarista de medios. Membro do Instituto de Estudios Vigueses, Fundación Gutenberg Mainz (Alemaña) e da Asociation Paleographique International (París). Formou parte de varios xurados de artes plásticas e visuais. Autor de varias obras como o "Diccionario Histórico de la Escritura y de las Artes e Industrias Gráficas" (2015), "Ó pé da Letra: A istoria da tipografía galega" (2000), "Alfabetos Gallaecia Castelo e Gótica galega" (2001), "Entra hoy en el Vigo de ayer (s. XVIII)" (1998), "Un día dentro de las murallas de Pontevedra (s. XVIII)" (1999), "Entra hoy en el Ourense de ayer (s. XVIII)" (2000), "Vigo a través da Historia" (1996), "El Mundo del Área Metropolitana de Vigo" (2000), así como dezaseis publicacións e series de fascículos para medios de comunicación e fundacións, ademais da planimetría e perspectivas aéreas de varias cidades históricas.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!