https://hablamosdelibros.es/producto/o-codice-esmeralda/106001O Códice esmeraldaO achado dun antigo manuscrito familiar embarca a Xacobe nunha investigación que o retrotrae aos tempos da batalla de Rande. Xan Bieito, un antepasado seu, fora grumete na frota de Nova España e relatara as peripecias da longa viaxe, ademais da histórica batalla naval de 1702 na Ría de Vigo. O manuscrito deixaba entrever a existencia dun tesouro oculto, protexido por un estraño enigma que deberían resolver os seus sucesores. A busca das claves para esclarecer o misterioso segredo mergulla a Xacobe nunha aventura sorprendente na que vai descubrindo a recóndita personalidade do seu devanceiro, envolta en novos enigmas.
Mais ao protagonista asáltano uns estraños soños simbólicos que se entrelazan coa realidade e cun mundo que descoñece, creándolle unha enorme confusión que o impulsa a afondar máis na investigación. Emporiso, o que busca Xacobe, axudado polo seu amigo Elphi, é en realidade un antigo códice maia, gardián dun arcano marabilloso, que os levará a desprazarse por toda a Ría de Vigo percorrendo un camiño iniciático no que irá sacando as capas de cebola que ocultan a realidade.
Trepidante novela de intriga, O Códice esmeralda supón un engaiolante achegamento á historia da batalle de Rande, un dos episodios galegos nos que cómpre afondar.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00266101-600x910.jpg8.49instockLiteraturaNovela histórica00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00266101-300x300.jpg988969935410246398387990308.490.000.002023-02-20T22:33:51+02:00
O Códice esmeralda
O achado dun antigo manuscrito familiar embarca a Xacobe nunha investigación que o retrotrae aos tempos da batalla de Rande. Xan Bieito, un antepasado seu, fora grumete na frota de Nova España e relatara as peripecias da longa viaxe, ademais da histórica batalla naval de 1702 na Ría de Vigo. O manuscrito deixaba entrever a existencia dun tesouro oculto, protexido por un estraño enigma que deberían resolver os seus sucesores. A busca das claves para esclarecer o misterioso segredo mergulla a Xacobe nunha aventura sorprendente na que vai descubrindo a recóndita personalidade do seu devanceiro, envolta en novos enigmas.
Mais ao protagonista asáltano uns estraños soños simbólicos que se entrelazan coa realidade e cun mundo que descoñece, creándolle unha enorme confusión que o impulsa a afondar máis na investigación. Emporiso, o que busca Xacobe, axudado polo seu amigo Elphi, é en realidade un antigo códice maia, gardián dun arcano marabilloso, que os levará a desprazarse por toda a Ría de Vigo percorrendo un camiño iniciático no que irá sacando as capas de cebola que ocultan a realidade.
Trepidante novela de intriga, O Códice esmeralda supón un engaiolante achegamento á historia da batalle de Rande, un dos episodios galegos nos que cómpre afondar.

Alberte Blanco Casal (Cobres-Vilaboa, Pontevedra, 1951), escritor, enxeñeiro e profesor xubilado de ensino secundario. Colabora coa revista «Grial» e coa publicación periódica do Fórum Galaico Transmontano de Chaves (Portugal). Foi columnista do xornal «Nós Diario» ata xaneiro de 2024, onde segue como colaborador. En calidade de Director Xeral de Montes participou na obra colectiva «Os incendios forestais en Galicia» (2006). En 2015 publicou a obra de investigación «O conflito de intereses no camiño de ferro de Zamora a Ourense. Aproximación histórica ao período 1840-1930» e en 2017 participou como relator e coordinador na obra colectiva «O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional?». En 2019 publicou «Memorias da brétema», un libro de investigación histórica, crónicas e memorias de infancia e adolescencia, e dous anos despois, «Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo» (Xerais, 2021). En 2023 participa como relator na obra «Diario de José Casal» e en 2024 participa tamén nunha obra colectiva sobre o 150 aniversario do camiño de ferro en Galicia, promovida pola Asociación Compostelá de Amigos do Ferrocarril.
Como narrador literario publicou as novelas «Arcadia. Os gardiáns do segredo» (2013); «O Códice esmeralda» (Xerais, 2017, finalista do Premio Xerais de Novela en 2015) e «A soidade do inquisidor» (Xerais, 2024).
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!