A medio camiño entre a lembranza pausada propia dos libros de memorias e o ritmo vibrante dos relatos de aventuras, “Soño de infancia” recrea con orixinalidade, humor e tenrura a nenez e o espertar á adolescencia de Ramón, un rapaz dos arrabaldes da Coruña que, coma todos os que foron nenos ata finais dos anos sesenta -última fronteira entre os xogos da rúa e a tecnoloxía- accede ás grandes aprendizaxes da vida alleo á mirada adulta.
«Velaquí unha proposta narrativa pouco frecuente coa que o seu autor, Moncho Rouco, aparece na literatura galega, novel e vizoso pero con ampla experiencia, para deixarnos un relato orixinal, divertido e reflexivo a un tempo. Sospeito que o seu Soño correrá o destino daqueles libros privilexiados que nos gusta compartir.»
María Xosé Porteiro
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.