https://hablamosdelibros.es/producto/contos-e-lendas-arraianos/106177Contos e lendas arraianosOs contos e lendas tradicionais constitúen un dos tesouros máis interesantes do patrimonio cultural popular. Transmitidos de boca en boca ao longo das xeracións, en moitos casos ao longo dos séculos, son manifestacións artísticas da fantasía colectiva e conteñen un reflexo dos medos, as esperanzas, o humor ou os soños dun pobo.
Coa desaparición da sociedade campesiña tradicional e os seus modos de vida pérdese tamén a requintada arte do conto que se transmite de palabra, pois desaparecen os escenarios onde se producía a súa transmisión activa.
Nesta obra, José Rodríguez Cruz recolle materiais narrativos diversos (contos, relatos e lendas) da tradición oral popular no territorio suroriental galego, nos concellos da Gudiña, A Mezquita e os seus arredores, na raia galego-trasmontana e na veciñanza das terras de Viana do Bolo.
Organizada tematicamente, esta colección de narracións, froito dun demorado traballo de campo, salva do esquecemento os vestixios da antiga tradición dos contos populares, parte inseparable da identidade cultural galega.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00257301-600x910.jpg20.50instockLiteraturaNovela literaria00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00257301-300x300.jpg983739844198397984279843920.500.000.002023-02-20T22:40:47+02:00
Contos e lendas arraianos
Os contos e lendas tradicionais constitúen un dos tesouros máis interesantes do patrimonio cultural popular. Transmitidos de boca en boca ao longo das xeracións, en moitos casos ao longo dos séculos, son manifestacións artísticas da fantasía colectiva e conteñen un reflexo dos medos, as esperanzas, o humor ou os soños dun pobo.
Coa desaparición da sociedade campesiña tradicional e os seus modos de vida pérdese tamén a requintada arte do conto que se transmite de palabra, pois desaparecen os escenarios onde se producía a súa transmisión activa.
Nesta obra, José Rodríguez Cruz recolle materiais narrativos diversos (contos, relatos e lendas) da tradición oral popular no territorio suroriental galego, nos concellos da Gudiña, A Mezquita e os seus arredores, na raia galego-trasmontana e na veciñanza das terras de Viana do Bolo.
Organizada tematicamente, esta colección de narracións, froito dun demorado traballo de campo, salva do esquecemento os vestixios da antiga tradición dos contos populares, parte inseparable da identidade cultural galega.

PILAR SEVILLANO CUADRADO licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Salamanca e na actualidade é profesora de debuxo no IES Eduardo Blanco Amor de Ourense.
Compaxina o ensino con traballos de ilustración persoais. Colabora dende hai anos coa revista cultural "Lethes" e é autora das ilustracións do libro "O paso do esquecemento", de Antón Riveiro Coello, dirixido a pequenos lectores.
JOSÉ RODRÍGUEZ CRUZ (A Gudiña, 1956) centra os seus traballos de investigación etnográfica e histórica preferentemente en áreas do sueste da provincia de Ourense e a ambos os dous lados da raia galego-portuguesa. Da súa autoría son, entre outras, as publicacións "Máscaras de Entroido no Surleste Ourensán" (1998); "Así falan na Gudiña" (2000); "Trazos sobre a vestimenta tradicional no Surleste de Ourense" (2004) ou "A festa dos Maios en Marín" (2014), xunto con Clodio González Pérez, ademais de participar noutras obras de carácter colectivo como "Un futuro para a lingua" (2002), "Palabra por palabra, contos da Policía" (2003), "As Caras do Entroido Ourensán" (2009) etc.
Tamén colabora asiduamente en xornais e revistas culturais como "O Sil", onde publica desde hai tempo artigos relacionados co espazo fronteirizo que xebra Galicia e Portugal na súa sección «Crónicas Raianas».
O seu labor de investigación sobre a vestimenta tradicional galega foi recoñecido co 1º Premio Antonio Fraguas nos anos 1998, 2002, 2003, 2005, 2010 e 2014 e co 2º Premio de Investigación Raigame da edición de 2007.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!