https://hablamosdelibros.es/producto/feliz-feroz-o-lobino-riquino/106201Feliz Feroz. O lobiño riquiñoA irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade. Lobiño visita o seu tío e tenta facer o que lle pide: cazar coellos, asustar a Carapuchiña, comer os tres porquiños... Pero nunca o fai ben: comparte unha ensalada cos coellos, faise amigo de Carapuchiña e ponse a xogar cos tres porquiños. Este lobiño é un desastre.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00256001-600x909.jpg15.95instockLibros infantilesA partir de 7 años00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00256001-300x300.jpg996461024439989010244710141815.950.000.002023-02-20T22:41:43+02:00
Feliz Feroz. O lobiño riquiño
A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade. Lobiño visita o seu tío e tenta facer o que lle pide: cazar coellos, asustar a Carapuchiña, comer os tres porquiños… Pero nunca o fai ben: comparte unha ensalada cos coellos, faise amigo de Carapuchiña e ponse a xogar cos tres porquiños. Este lobiño é un desastre.
A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade. Lobiño visita o seu tío e tenta facer o que lle pide: cazar coellos, asustar a Carapuchiña, comer os tres porquiños… Pero nunca o fai ben: comparte unha ensalada cos coellos, faise amigo de Carapuchiña e ponse a xogar cos tres porquiños. Este lobiño é un desastre.
licenciouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e traballa dende hai anos como editora, o que compaxina co activismo a prol da lectura na asociación Espazo Lectura, da que é socia fundadora. É coautora de diversos materiais de ensino da lingua galega, tradutora de obras da literatura infantil e xuvenil e autora dos álbums «Pioneiras. Galegas que abriron camiño» (Xerais 2018), ilustrado por Nuria Díaz, «Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño» (Xerais 2019), con ilustracións de Abi Castillo, e «Guía ilustrada dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas» (Xerais, 2025), ilustrado por David Rodríguez.
Alberto Vázquez (A Coruña, 1980), licenciado en Belas Artes pola Universidade de Valencia, cursou estudos na Escola Massana de Barcelona e en 2002 publicou «Freda», que foi seleccionado para integrar o catálogo White Ravens. Despois deste traballo virían «Psiconautas» (2006), «El Evangelio de Judas» (2007), «POE» ou «La Sombra sobre Innsmouth». A súa obra foi distinguida co Premio INJUVE de cómic e ilustración (2001), o Premio Nacional Valenciacrea (2004), o Premio Diario de Avisos ao mellor guión realista (2007), o Premio Pura e Dora Vázquez de ilustración (2007) e o Premio do público ao mellor debuxo no Salón Internacional de Cómic de Barcelona (2007). Foi membro fundador do colectivo «Polaqia», coeditor do Fanzine «Enfermo e Condorito Muerto». Colaborador habitual de «El País Semanal», Vázquez publica en revistas estatais e internacionais. En 2010 dirixiu a curta de animación «BIRDBOY», baseada no seu cómic «Psiconautas», que gañou varios galardóns como o festival internacional de Foyle e o premio ZINEBI 2010 á mellor curta vasca. Moscú, Beja, Bos Aires, Nápoles, Ourense ou La Paz son algunhas das cidades onde expuxo os seus traballos. En Xerais publicou «Verbas de sal» (2011), de Antonio García Teijeiro, os álbums de El Hematocrítico «Feliz feroz. O lobo riquiño» (2016), «Axente riciños» (2016) e «O lobo con botas» (2018), así como a colección Os Hematiños, tamén do Hematocrítico, que leva cinco títulos publicados: «Un can» (2021), «O meu irmono» (2021), «Gaivota gourmet» (2022), «Oso banda» (2022) e «Unha unicornia» (2023).
Miguel López, O Hematocrítico, naceu na Coruña en 1976. Profesor de Educación Infantil, Inglés e Primaria, creador de contidos, escritor, podcaster..., publicou en Xerais numerosos títulos infantís de grande éxito, como a serie «O Bosque dos Contos» («Feliz feroz. O lobiño riquiño» (2016), «Axente Riciños» (2016) e «O lobo con botas» (2018), ilustrados por Alberto Vázquez; «Rapunzel con piollos» (2019), «Alcaldesa vermella» (2020), «Vaia cabuxiño!» (2021); «Axente Riciños. Misión Princesa» (2022) e «Morto de fame» (2023), ilustrados por Mar Villar) ou os cómics de Lendas do Recreo («A media hora dos recreos» (2020) e «Campións do mundo» (2020)), ilustrados por Albert Monteys. En 2021 nace a serie Os Hematiños, ilustrada por Alberto Vázquez, con cinco títulos publicados: «Un can» (2021), «O meu irmono» (2021), «Gaivota gourmet» (2022), «Oso banda» (2022) e «Unha unicornia» (2023). Na colección Sopa de Libros publicou a novela «Dona Problemas» (2023), e ese mesmo ano, a novela «Caramomia» escrita xunto a Ledicia Costas, María Lado e Daniel Landesa. Faleceu o 27 de novembro de 2023 á temperá idade de 47 anos, cando estaba traballando na edición de «Dona Problemas, salvadora da escola» (Xerais, 2024). En 2025 ve a luz o terceiro volume desta serie: «Dona Problemas, rescatadora de mascotas».
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!