https://hablamosdelibros.es/producto/o-catecismo-do-labrego-e-outras-prosas/109974O catecismo do labrego e outras prosasA prosa literaria galega ten en Valentín Lamas Carvajal (1849-1906) un dos seus primeiros e máis eficaces cultivadores. El é, sen dúbida, o prosista do rexurdimento, que foi sen embargo un movemento fundamentalmente poético. O Catecismo do Labrego (1888) é un dos textos de máis aceptación popular da historia das nosas letras, exemplo vibrante de humor e xornalismo.
Agudo polemista, intelixente observador da realidade, retratista de cadros de costumes, precursor de periodistas, coñecedor da lingua e dos seus rexistros máis populares...
Nesta edición reúnese unha ampla mostra do seu labor xornalístico e literario.
https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/CVXG065401-600x874.jpg10.95instockLiteraturaNovela literaria00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/CVXG065401-300x300.jpg824719827782461824319828110.950.000.002023-02-21T01:07:03+02:00
O catecismo do labrego e outras prosas
A prosa literaria galega ten en Valentín Lamas Carvajal (1849-1906) un dos seus primeiros e máis eficaces cultivadores. El é, sen dúbida, o prosista do rexurdimento, que foi sen embargo un movemento fundamentalmente poético. O Catecismo do Labrego (1888) é un dos textos de máis aceptación popular da historia das nosas letras, exemplo vibrante de humor e xornalismo.
Agudo polemista, intelixente observador da realidade, retratista de cadros de costumes, precursor de periodistas, coñecedor da lingua e dos seus rexistros máis populares…
Nesta edición reúnese unha ampla mostra do seu labor xornalístico e literario.
A prosa literaria galega ten en Valentín Lamas Carvajal (1849-1906) un dos seus primeiros e máis eficaces cultivadores. El é, sen dúbida, o prosista do rexurdimento, que foi sen embargo un movemento fundamentalmente poético. O Catecismo do Labrego (1888) é un dos textos de máis aceptación popular da historia das nosas letras, exemplo vibrante de humor e xornalismo.
Agudo polemista, intelixente observador da realidade, retratista de cadros de costumes, precursor de periodistas, coñecedor da lingua e dos seus rexistros máis populares…
Nesta edición reúnese unha ampla mostra do seu labor xornalístico e literario.
Valentín Lamas Carvajal (Ourense 1849-1906) foi un dos primeiros promotores da prensa en galego. Cursou o bacharelato na súa cidae natal, tendo como profesor o destacado gramático Saco Arce, e con posterioridade trasladouse a estudiar Medicina en Compostela. Porén, non conseguiu acabar a carreira por causa dunha doenza visual que o deixaría cego, condición que lle valeu anos máis tarde o alcume de "O Homero Galego". De regreso ao seu lugar de orixe, entregouse á escrita xornalística e literaria. Dirixiu a revista compostelá La Aurora de Galicia e fundou a revista El Heraldo Gallego (1874-1880), de carácter bilingüe, e o semanario O Tío Marcos da Portela (1876-1890). Comezou a colaborar asiduamente no xornal El Eco de Orense, fundado en 1880, que funcionaría baixo a súa dirección ata o seu falecemento. Os medios de comunicación serían un instrumento fundamental na difusión da súa literatura e das famosísimas polémicas políticas e literarias en que participou ao longo da súa vida. A aparición de O Tío Marcos da Portela converteuse nun dos feitos de maior relevancia na historia das letras galegas, xa que se trata da primeira publicación publicada en Galicia integramente no noso idioma.
Lamas Carvajal iniciou a súa andaina literaria con composicións líricas. Así, déronse a coñecer en 1874 o primeiro dos "ramiños" de Espiñas, follas e frores. Este poemario, onde se funden elementos cultos e folclóricos, completouse no ano seguinte cun segundo "ramiño". En 1875 publicáronse as Cartas ós gallegos . Tras cinco anos de silencio saíu do prelo Saudades gallegas, que supuxo a consagración de Lamas como escritor, e en 1890 o seu último libro de poesía, A musa das aldeas. Como prosista publicou en 1887 un libro titulado Gallegada e, dous anos máis tarde, o ben coñecido O catecismo do labrego, a obra máis popular da nosa literatura durante longos anos.
adroll_adv_id = "MG4DXLEHD5ABTAVH7CHI63";
adroll_pix_id = "47QKL24UGBDU7DMKFT5CTY";
adroll_version = "2.0";
adroll_current_page = "product_page";
adroll_currency = "EUR";
adroll_language = "es_ES";
adroll_products = [{"product_id":"109974","price":"10.95","category":"literatura","name":"O catecismo do labrego e outras prosas"}];
Contacto
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!