Desde que en 1896 se celebraron as primeiras olimpíadas modernas, podemos atopar en todas elas historias de a cabalo entre a realidade e a lenda, fazañas prodixiosas que elevan a quen as protagonizaron á categoría de heroes e heroínas con letras maiúsculas, polos logros acadados ou porque as súas proezas abrían camiños antes inconcibibles.
O elemento en común dos relatos que conforman estas Xestas olímpicas é o esforzo, ás veces sobrehumano, por superar unha marca, unha altura, unha distancia… pero sobre todo por superarse a si mesmos e a si mesmas. E por servir de inspiración e estímulo á xente nova que encontra no deporte o seu divertimento, a súa afección, a súa paixón… Ou, por que non, o seu modo de vida.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.