Na Cidade das Campás, nun mundo distópico, Lan é un mozo orfo que deseña e manexa os seus drons CL4. Malvive no Subterráneo grazas á venda de datos informáticos, que consegue conectándose ás redes da Ditadura Privilexia Bélica. Coñece a Chía, adicta ao Centroprazol, unha droga perigosa, e ambos os dous cooperan na loita ata que a fortuna abandona a moza nun lance cos inimigos. Namorado da rapaza, para axudala Lan participa nun concurso organizado pola Ditadura. Alí coincide con Artur e mais con Belisa, e os tres baixarán ao campo de xogo e enfrontaranse ás tríades, formacións de combate compostas por drons XP9. Competirán, en desvantaxe, contra a tríade dos Licaóns e terán que destruír todos os tótems para vencela. Lan necesitará os seus coñecementos de cetrería no momento da batalla final, e os tres amigos descubrirán que no concurso hai un lado escuro…
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.