Jorge Campos naceu en Ourense en 1982 e criouse entre a caloriña das Burgas e a maxia da Ribeira Sacra. Estudou arquitectura na Coruña e, nun xiro maxistral da vida, volveu á súa cidade natal, onde estudou ilustración na escola de arte Antonio Faílde. Converteuse entón en «ilustratecto». Tras gañar varios certames de banda deseñada, en 2017 publicou a súa primeira obra, «Alter·nativo», que obtivo o premio ao mellor libro de banda deseñada na Gala do Libro Galego. Tamén é autor e coautor das bandas deseñadas «Unha mestra en apuros» (I, II e III), «O destino de Kameko» e «As aventuras de Vani: Montaña» e os títulos «Capitán Lentella. Aventura a todo gas» (Xerais, 2022) e «Capitán Lentella. Unha nova chuvia de estrelas» (Xerais, 2024). Outras obras destacadas súas son «A vida diaria dos romanos», «Un día de festa en… Allariz» e o «Atlas da Galicia pequeniña». Se te atopas con el pola rúa, é moi probable que o vexas sorrindo. Podes seguilo nas redes sociais, na súa conta @ilustratecto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.