Montse Ferreira Fervenza nace na aldea de Quintela (Redondela), pero reside en Vigo dende os vinte anos. Enfermeira do Sergas, é unha apaixonada das artes escénicas formada en interpretación, dramaturxia e escrita creativa.
Coa compañía de teatro Arte Livre goza nos escenarios de Londres, Illa de Madeira, Algarve, Santiago de Compostela, Cangas, Vigo…, e interpreta papeis en obras como “As bruxas de Salem”; “Ídolos de papel”; “Evita Perón”; “Inspector Xeral”» ou “Cincenta”.
Totalmente seducida pola creación de personaxes, escribe e dirixe varias obras teatrais.
Participou no proceso de escrita do libro “Tecido de voces” cos relatos “A serra” e “O ouvido do lobo”. “O ano das mazás” (Xerais, 2023) xorde do seu desexo de espallar os segredos dunha aldea que latexou na posguerra.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.