Sen saír do Vigo histórico, máis alá do que os vigueses chamamos «Casco Vello» tamén hai historia. Dende onde se ergueron as antigas murallas do século XVII e cara ao leste, onde se xuntaron as parroquias históricas de Santiago de Vigo e Santa María de Vigo, houbo moita actividade humana dende hai máis de dous mil anos.
Para coñecer ese pasado e as súas pegadas no presente, este libro ofrece tres rutas históricas e arquitectónicas que van dende A Calzada, nos límites con Teis, ata a Porta do Sol e a rúa Carral. O paseante poderá percorrer, acompañado polo libro, os eixos de García Barbón-Policarpo Sanz e Rosalía de Castro-Marqués de Valladares, así como a antiga beiramar que marca o Areal e os primeiros recheos.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.