https://hablamosdelibros.es/producto/minimaladas-15/280866MinimaladasUn insecto pau que se camuflaba entre as pólas dunha árbore. Un camaleón que non sabía cambiar de cor. Un oso que traballaba nun circo. Un año negro. Un león que se quedaba calvo. Un burro moi lacazán. Un corvo que non se atrevía a comer millo. Un pequeno crocodilo que non sabía qué quería ser de maior...
Minimaladas de Carlos López son sesenta mini historias protagonizadas por animais cheas de orixinalidade, imaxinación e beleza. A obra, gañadora por unanimidade do Premio Merlín de literatura infantil 2007, foi fermosamente ilustrada por David Pintor, conseguindo unha perfecta ensamblaxe entre os textos de cada unha delas e a representación visual do seu protagonista. O xurado do Premio Merlín destacou que nestes contos breves (nalgúns casos apenas catro ou cinco liñas) salienta a súa capacidade para evocar imaxes, valéndose dun emprego lúdico da linguaxe, algunhas interesantes referencias literarias e dun tratamento moi innovador da creación lingüística.
14.50instockLibros infantiles00.000824658247398283824758247114.500.000.002023-09-14T07:50:14+02:00
Minimaladas
Un insecto pau que se camuflaba entre as pólas dunha árbore. Un camaleón que non sabía cambiar de cor. Un oso que traballaba nun circo. Un año negro. Un león que se quedaba calvo. Un burro moi lacazán. Un corvo que non se atrevía a comer millo. Un pequeno crocodilo que non sabía qué quería ser de maior…

David Pintor (A Coruña, 1975) é un dos ilustradores galegos máis recoñecidos. Recibiu numerosos premios, entre os que figuran o Andersen e o Nami Island; o premio da Society of News Design; o Pura e Dora Vázquez de ilustración; o Premio Internacional Clermont-Ferrand; o Premio Ilustrador do Ano Città del Sol ou o II Premio da Feira do Libro de Sharjah (Dubai). Foi finalista dos CJ Picture Book Awards e figura na listaxe The White Ravens en diversos anos. Foi seleccionado en varias edicións da Bienal de Bratislava e da Feira Internacional de Boloña. En Xerais, é autor das ilustracións de «Minimaladas» (2007), «Novas minimaladas» (2008), «Desde unha estrela distante» (2013), «Cámbiache o conto» (2016) e «Ringo. Memorias dun coello fedello» (2023), e é autor integral do álbum «(Non) A todas as nenas lles gusta o rosa» (2022).
Carlos López (Boimorto-A Coruña, 1967) é escritor e xornalista. Recibiu numerosos premios como integrante do dúo de humor gráfico Pinto & Chinto. Entre os galardóns máis destacados como autor de literatura infantil están o Premio Merlín 2007, The White Ravens 2011 e 2014, Lista de Honor de Clij 2014, Premio Frei Martín Sarmiento 2007 e 2017, Premio Raíña Lupa, Premio Xosé Neira Vilas e Fervenzas Literarias 2010. En Xerais publicou «Minimaladas» (2007), «Novas minimaladas» (2008), «Cámbiache o conto!» (2016), «Bichería» (2020) e «Mediometrópole e os superheroes» (2023).
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!