https://hablamosdelibros.es/producto/os-paxaros-tamen-migran-ao-sur-15/280950Os paxaros tamén migran ao surO Jordi empeza a escribir nun caderno o que aconteceu na súa relación coa Eva, unha rapaza alemá que lle deixou unha pegada indelébel. Todo empezou un día cando estaba a tomar un cortado nunha cafetaría e viu aparecer pola porta unha muller nova que traía baixo o sobrazo un mangado deses xornais que vende a xente necesitada. Era a Eva. Todo se vai complicar, logo dun tempo de se coñeceren, cando lle confesa que se prostitúe porque necesita a heroína e que debe marchar a hamburgo a desentoxicarse. Os paxaros tamén migran ao sur é unha novela social. Unha historia de amor transgresora que se desenvolve nunha capital grande, Barcelona, onde a comunicación humana non é doada. Unha novela que cuestiona a sociedade consumista postmoderna. Unha ambientación moi coidada e un erotismo elegante. Un texto engaiolante que non podemos deixar de ler até o final.19.50instockLiteraturaNovela literaria00.000982838246598279982639825919.500.000.002023-09-14T07:52:45+02:00
Os paxaros tamén migran ao sur
O Jordi empeza a escribir nun caderno o que aconteceu na súa relación coa Eva, unha rapaza alemá que lle deixou unha pegada indelébel. Todo empezou un día cando estaba a tomar un cortado nunha cafetaría e viu aparecer pola porta unha muller nova que traía baixo o sobrazo un mangado deses xornais que vende a xente necesitada. Era a Eva. Todo se vai complicar, logo dun tempo de se coñeceren, cando lle confesa que se prostitúe porque necesita a heroína e que debe marchar a hamburgo a desentoxicarse. Os paxaros tamén migran ao sur é unha novela social. Unha historia de amor transgresora que se desenvolve nunha capital grande, Barcelona, onde a comunicación humana non é doada. Unha novela que cuestiona a sociedade consumista postmoderna. Unha ambientación moi coidada e un erotismo elegante. Un texto engaiolante que non podemos deixar de ler até o final.

SILVERIO CERRADELO (Ourense, 1964) pertence a unha familia toda das terras da Limia, de preto de Xinzo. Licenciouse en Veterinaria na Universidade Autónoma de Barcelona e ten traballado sobre todo con fauna salvaxe. Foi membro dos grupos de teatro universitario galego de Barcelona. Traballou tamén como tradutor, como xornalista (colaboracións na revista Integral, en El Periódico de Barcelona e en Vieiros) e en temas de educación ambiental. Dirixiu o proxecto educativo Contacontos nos Pireneos e na cordilleira Cantábrica, para a sensibilización sobre o oso pardo, patrocinado polo WWF/Adena (Fondo Mundial para a Natureza), que durou máis de dous anos. Para este proxecto escribiu o conto A historia da Bavar e do Kiwi, os osos do hospital de fauna de Vallcalent, do cal se publicaron 29.000 exemplares en catalán, castelán, éuscaro, occitano, aragonés e galego. Na actualidade está a rematar Filoloxía Galega na Universidade de Barcelona. Como narrador publicou Os paxaros tamén migran ao sur (Xerais, 2007), Premio Terra de Melide 2006.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!