Fortunato de Trasmundi é a historia dun curioso personaxe dun fantástico país, o paraíso secreto das Sete parroquias, que sae a percorrer o mundo pola Galicia toda e, aquí e acolá, coñece tipos, historias e situacións que permiten ó autor a caricatura de todos nós, figuración e parodia do tempo e da sociedade que vivimos.
O primeiro de maio en Vigo, un lingüista sabio en Compostela, a unidade sindical, as liortas do futbol, a economía sumerxida na confección, a memoria dos devanceiros, o alcalde de Lugo, cregos, xornalistas, estudiantes, pescadores nas Malvinas, corvos mensaxeiros e algunha meiga veñen e van por estas páxinas cun ritmo trepidante e a imaxinación desbocada.
Os antigos príncipes ou señores da cabalería saían ós camiños a ver mundo e a iniciarse na vida. Así fai tamén Fortunato, que deixa o seu Cuspedriños secreto e anda o país identificando ós seus, habitantes misteriosos dun pobo misterioso.
Velaquí unha historia fundamentalmente divertida, un divertimento que confirma no xénero da novela a quen todos recoñecen como un dos nosos primeiros poetas.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.