Carlos Mosqueiro, que acaba de sacar o título de Ciencias Políticas, sen avisar a pais nin noiva, abandona Madrid en tren e cruza cidades, países e mares en busca de algo que descoñece. Tras unhas xornadas nunha comuna londiniense, será en Oxford onde se enfrontará coa súa soidade.
Oxford, amén foi a primeira novela publicada en 1982 por Carlos G. Reigosa. A presente edición galega constitúe a recuperación dunha obra recibida de forma entusiasta pola crítica: “Un libro duro, frío, ambiguo, incluso roto, acerca da viaxe, o caos e a noite do futuro que chegou” (Alfredo Bryce Echenique). “Así como a inesquecible novela El Jarama de Sánchez Ferlosio foi a gran novela dos anos cincuenta e sesenta, Oxford, amén é a das dúas décadas seguintes” (Juan María Gallego Tato). “Reigosa é o noso Kerouac e Oxford, amén é o On the road que ata agora non tiñamos” (Perfecto Conde). “Un profundo diálogo cos mitos da rebeldía xuvenil de todos os tempos” (Francisco J. Satué).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.