Este libro, “Guía dos castelos medievais de Galicia”, escrito por Ramón Boga, responsable do Museo de Cambre, convida a visitar os castelos e torres de Galicia, un dos máis importantes patrimonios do país e símbolo do poder feudal, sendo a súa historia é reflexo acaído do medievo galego. Na presente guía propóñese un percorrido fotográfico-histórico por aquelas fortalezas medievais galegas das que aínda fican en pé restos significativos ou susceptibeis de seren visitados, facendo unha somera referencia a aquelas que, aínda desaparecidas, posúen importancia histórica, engadíndose numerosas referencias ás murallas das vilas medievais ou ás torres illadas.
O presente volume ofrece información práctica que lle indica ao viaxeiro como chegar a cada castelo, onde comer ou onde aloxarse na fin de semana (hoteis, turismo rural, campismo), e agrupa os castelos de cada zona para visitalos por itinerarios. Na provincia da Coruña propóñense tres vieiros: dende a Torre de Cela ao Castelo de Vimianzao, dende o Castelo de Moeche á Fortaleza da Mota de Ois e dende a Torre Figueroa de Abegondo a Torre de Xunqueiras. Na provincia de Lugo propóñense catro vieiros: dende o Castelo de Parga ao Castelo de Amarante, dende o Castelo de Taboada á Fortaleza de Sarria, dende o Castelo de Carbedo ao Castelo de Castroverde e dende a Fortaleza de Tovar en Lourenzá á Torre de Sobrada de Aguiar en Outeiro de Rei. Na provincia de Ourense propóñense catro vieiros: dende o Castelo de Vilamarín á Torre da Lamela, dende o Castelo de Maceda á Torre de Viana do Bolo, dende a Torre de Torán ao Castelo de Monterrei e dende o Castelo de Ribadavia á Torre de Milmanda en Celanova. Por último, na provincia de Pontevedra propóñense tres vieiros: dende a Fortaleza de Borraxeiros na Golada á Torre de Barciela en Forcarei, dende as Torres do Oeste ao Castelo de Soutomaior, e dende o Castelo de Monterreal ao Castelo de Sobroso en Mondariz.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.