“Habería que dicir dela, en primeiro lugar, algo no que todos os membros do xurado que a premiaron se manifestaron concordes: é divertida, lese nun arrauto, non permite que o lector se despegue. E un ichó, no que ficamos entrampados; un illó no que nos envisgamos. Pola súa visualidade, polo ben que pinta unha película na que non se pode durmir.”
O propio autor califica a súa novela como realismo esperpéntico, ou realismo exaserado con elementos surrealistas. É unha historia tráxica dun home solitario, soñador, quizais romántico, que fracasa, na que se mesturan notas de humor.
Eduardo Reinoso é unha persoa vulgar, con pouca cofianza nas súas propias forzas, que ten un pasado gris e que un bo día comenza a soñar con baleas e cachalotes que lle van dicindo o que ten que facer para triunfar. Na novela desfilan unha galería de personaxes, onde non faltan contrabandistas de cocaína, curas, armadores, políticos e unha muller de pel verdosa, Saritiña, da que Eduardo Reinoso acaba namorandose.
O lector ten nas mans, pois, unha nova aposta. Igual que con “Crime en Compostela” de Carlos Reigosa inauguramos practicamente o xénero policiaco nas nosas letras, a novela de Alvarez Cáccamo ensaia un novo territorio: o humor, as veces tamén a gargallada. Pero cunha decidida vocación de estilo.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.