“Caixón desastre” (seis relatos) recibiu o Premio Galicia da Universidade de Santiago e axiña conmoveu ós lectores: pola súa novidade, pola súa frescura, polo seu corrosivo humor “simbiótico”, pola súa capacidade para observar a realidade, polo que anunciaba… Era o principio dun dos nosos narradores novos máis interesantes e de mellor aceptación popular.
Esta edición de “Caixón desastre”, o primeiro libro de Suso de Toro, sete anos despois, recupera aquela primeira frescura e amplíase con novos textos. “De 10 a 11” “A paixón segundo San Mateo” é un magnífico relato, cruel e paranoide, extraordinariamente ben construido; “Aquí somos así, positivamente” quizais sexa o preferido do autor, e “Efecto astronauta” cerra a mostra de quen é xa, sen dúbida, un dos nosos escritores máis sobresalientes.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.