Martiño Pedreira é un home xa vello, que vive só nunha grande cidade. Posúe unhas “gafas de realidade”, que lle permiten ver todas aquelas causas fermosas que o resto das persoas, abafadas polas présas e polo egoísmo, non son quen de ver. Ten un can amigo, Can sen Dono, que vive nun sumidoiro da cidade.
Un día, Martiño Pedreira decide que non necesita as gafas, os seus ollos xa se afixeron a ve-la realidade sen elas. Entón pensa en darllas a alguén que as necesite, e pon un anuncio no xornal, con resultado negativo. Daquela, el e máis Can sen Dono deciden sair na procura de alguén que necesite tan estrañas gafas.
Pero cando están nesas, reciben a visita dun mago, Ernestiño, que lle entrega a Martiño unha estraña carta. A carta envíalla EI-Rei de Phedra e nela dille que pode axudalo a atopar un novo dono para as gafas, polo que lle prega que emprenda unha viaxe ata o seu reino.
Nese mesmo momento ábrese no sumidoiro unha Porta de Ouro e, ó atravesala, Martiño e o Can sen Dono entran no reino de Breamdam. Esa porta -que marca, tamén na narración o paso ó mundo fantástico- lévaos a un reino moi distinto do mundo por eles habitado; alí atopan os máis estraños personaxes e comezan a verse implicados nos problemas dese novo país.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.