https://hablamosdelibros.es/producto/caramomia-2/311209Caramomia O aburrimento entrou de cheo nas vidas de Roque, Mafalda, Mabel e Brando xogándolles malas pasadas. Están empezando a ver cousas moi estrañas no barrio. É posible que a súa veciña sexa algo máis ca unha anciá encantadora? Será certo que garda relación cos misteriosos roubos que se están producindo na cidade?
O Hematocrítico, María Lado, Daniel Landesa e Ledicia Costas uníronse para crear Caramomia, un divertido misterio a oito mans.
https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/10/XG00382701-600x899.jpg6.99instockLibros infantilesA partir de 9 años00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/10/XG00382701-300x300.jpg10245798805993541023931024476.990.000.002023-10-11T07:25:29+02:00
Caramomia
O aburrimento entrou de cheo nas vidas de Roque, Mafalda, Mabel e Brando xogándolles malas pasadas. Están empezando a ver cousas moi estrañas no barrio. É posible que a súa veciña sexa algo máis ca unha anciá encantadora? Será certo que garda relación cos misteriosos roubos que se están producindo na cidade?
O Hematocrítico, María Lado, Daniel Landesa e Ledicia Costas uníronse para crear Caramomia, un divertido misterio a oito mans.
O aburrimento entrou de cheo nas vidas de Roque, Mafalda, Mabel e Brando xogándolles malas pasadas. Están empezando a ver cousas moi estrañas no barrio. É posible que a súa veciña sexa algo máis ca unha anciá encantadora? Será certo que garda relación cos misteriosos roubos que se están producindo na cidade?
O Hematocrítico, María Lado, Daniel Landesa e Ledicia Costas uníronse para crear Caramomia, un divertido misterio a oito mans.
María Lado (Cee, 1979) é escritora, tradutora e actriz. Como poeta, publicou «A primeira visión» (1997), «casa atlántica, casa cabaret» (Xerais, 2001), «berlín» (2005), «nove» (2008), «Amantes» (2011), «oso, mamá, si?» (Xerais, 2015) ou «Gramo Stendhal» (2020). É autora tamén do álbum infantil «Porque Cuqui non quere ir á lavadora» (2014) e, como narradora, publicou «Entre os dous hai un río» (2016). Con Lucía Aldao forma o dúo poético Aldaolado, que publica en 2020 o libro de poemas «Ninguén morreu de ler poesía» (Xerais, 2020). Con motivo da homenaxe polo Día das Letras Galegas ás cantareiras e á poesía popular oral, publica o libro infantil «Canta, miña compañeira. O legado das cantareiras» (Xerais, 2025).
Ledicia Costas es una de las autoras más reconocidas y traducidas de la literatura gallega, con libros en idiomas como el coreano, el italiano, el portugués o el persa. En los últimos años ha recibido importantes reconocimientos como el Premio Nacional de Literatura Infantil o el Premio Merlín por su obra Escarlatina, la cocinera cadáver (Anaya, 2015), libro que también ha sido incluido en la lista de Honor del IBBY. Es la única persona en la historia del Premio Lazarillo que lo ha ganado en tres ocasiones, gracias a las obras Verne y la vida secreta de las mujeres planta (Anaya, 2016), novela que también fue reconocida con un White Ravens; La balada de los unicornios (Anaya, 2018), que a su vez recibió un Premio Kelvin 505 a la mejor obra de fantasía publicada en España, y La liebre mecánica.
Miguel López, O Hematocrítico, naceu na Coruña en 1976. Profesor de Educación Infantil, Inglés e Primaria, creador de contidos, escritor, podcaster..., publicou en Xerais numerosos títulos infantís de grande éxito, como a serie «O Bosque dos Contos» («Feliz feroz. O lobiño riquiño» (2016), «Axente Riciños» (2016) e «O lobo con botas» (2018), ilustrados por Alberto Vázquez; «Rapunzel con piollos» (2019), «Alcaldesa vermella» (2020), «Vaia cabuxiño!» (2021); «Axente Riciños. Misión Princesa» (2022) e «Morto de fame» (2023), ilustrados por Mar Villar) ou os cómics de Lendas do Recreo («A media hora dos recreos» (2020) e «Campións do mundo» (2020)), ilustrados por Albert Monteys. En 2021 nace a serie Os Hematiños, ilustrada por Alberto Vázquez, con cinco títulos publicados: «Un can» (2021), «O meu irmono» (2021), «Gaivota gourmet» (2022), «Oso banda» (2022) e «Unha unicornia» (2023). Na colección Sopa de Libros publicou a novela «Dona Problemas» (2023), e ese mesmo ano, a novela «Caramomia» escrita xunto a Ledicia Costas, María Lado e Daniel Landesa. Faleceu o 27 de novembro de 2023 á temperá idade de 47 anos, cando estaba traballando na edición de «Dona Problemas, salvadora da escola» (Xerais, 2024). En 2025 ve a luz o terceiro volume desta serie: «Dona Problemas, rescatadora de mascotas».
Daniel Landesa (barrio de Coia - 1976). Filólogo de formación, traballa no campo da publicidade e da edición. Leva escribindo e impulsando proxectos literarios desde a súa época universitaria. Coordinador da revista Criaturas, publicación especializada en literatura infantil e xuvenil de Galicia (www.criaturas.gal) tamén é un dos fundadores do colectivo Poetas da Hostia, creadores dos recitais-combate «A hostia en verso», o espectáculo «Poxa de poetas: Vendo a miña alma» e o exercicio de escrita en directo «O seu poema, grazas». Como autor de poesía publicou varios textos como Gallaecia (Xerais, 2001), Da casa nova (Emerxente, 2014) e Ningún paxaro exótico (A vida en Prypiat, 2017). Ademais, é coautor do álbum ilustrado Unha sorpresa para Goruk (Galaxia, 2012) xunto coa ilustradora María Longa, que tivo a honra de ser un dos primeiros contos animados en galego. Penumbra, finalista do II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, é a súa primeira novela.
Martín Romero (Boiro, 1981). É ilustrador, autor de cómics e director de animación, e combina todas estas disciplinas para desenvolver os máis diversos proxectos.
Como ilustrador realiza traballos que van dende o ámbito publicitario ata o editorial. Os seus cómics «Las fabulosas crónicas del ratón taciturno» (2011), «Episodios Lunares» (2015) e «La deuda» (2017), publicados en España por diferentes editoriais, tamén foron traducidos ao francés.
Acaba de dirixir a súa primeira curtametraxe de animación: «La noche».
www.martinromero.es
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!