Licenciada en Belas Artes, comeza no eido da ilustración profesional á vez que se incorpora á veterana banda de rock Zënzar. Este feito fai que moitos dos proxectos creativos e de investigación en que traballa teñan relación coa música. É ilustradora do proxecto de rock infantil Pakolas, tanto dos libros como debuxando en directo no espectáculo Cores, contos e rock’n’roll. En 2017 comeza Músicas Galegas Ilustradas, un proxecto onde visibiliza o papel da muller na música galega e que foi recoñecido co premio Martín Códax da Música 2020. É coautora do libro Ferreñas & Rock’n’roll xunto con Iria Pedreira. Preside a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) desde o ano 2022. En Xerais, é autora das ilustracións de «Luísa Villalta, melodía de palabras» (Xerais 2023); «Unha gorxa chea de paxaros» (Xerais 2024), «Milú e o edificio das persoas extraordinarias» (Xerais 2024) e «Tacón, punta, tacón» (2025).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.