Xoel, Matilde, Diana e Carlos van de campamento a unha aldea preto de Triacastela. As vacacións preséntanse aburridísimas porque teñen prohibidos os videoxogos e as cartas do seu xogo favorito. Mais, coma sempre, a súa intuición erra de cheo. Sonche ben expertos en meterse en sarillos! A visita ao xacemento arqueolóxico de Cova Eirós serviralles de porta de entrada ao Plistoceno. Desta volta, a súa principal ameaza será unha nena neandertal, rebuldeira e divertida, coa que deberán facer boas migas se queren sobrevivir nun mundo tan hostil como fermoso. O Paleolítico galego amosaralles os seus segredos mellor gardados, onde non todo é o que parece, amigos!
Logo de viaxar ao Cretáceo en «Catro plumas de dinousauro», Xoel e os seus amigos viven outra apaixonante aventura, desta volta no Paleolítico, ao berro de «Mamut, cómeme o cu!».