Tamara Baz naceu na Guarda en 1985 e leva máis de quince anos traballando no sector gráfico, primeiro como deseñadora gráfica asalariada e, na actualidade, como freelance. Desde o seu estudio da Guarda (un recuncho con vistas ao río Miño) combina traballos de ilustración con encargos de muralismo na rúa. O seu estilo, en continua evolución, mestura un trazo sinxelo coa potencia da cor, para conseguir atmosferas calmas. Na súa obra tenta sempre deixar pegada da súa voz e intereses propios. «As pedras verdes» (Xerais, 2024) é a súa primeira obra editorial. Pódese seguir o seu traballo en www.tamarabaz.com.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.