A familia Charabiscas da aldea de Pedrafermosa agarda con impaciencia a chegada do tío Roque, que marchou a percorrer o mundo e que lles prometeu volver para celebrar unha festa polo seu trinta aniversario. Cando chega o día sinalado, a familia recibe na caixa do correo o caderno de viaxe do tío e, ao longo da xornada, non para de soar o timbre da casa. Será Roque? Non! Unha sucesión de personaxes fantásticos (un xigante, unha serea, un vampiro…), cada cal máis peculiar, vai aparecendo por sorpresa, convidados á festa de aniversario. E o tío Roque onde está? Unha orixinal novela de viaxes, aventuras e fantasía, rica en detalles e desbordante de imaxinación e humor.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.