https://hablamosdelibros.es/producto/as-obras-postumas/323828As obras póstumasLogo de saber que padece unha demencia agresiva, a escritora Pilar Fonte recibe a encarga de escribir unha obra póstuma. Pilar, xa con moitas dificultades, vaille ditando a unha amiga que a acompaña algunhas pasaxes da súa vida e, sobre todo, a súa particular relación co centro psiquiátrico San Simeón, que contemplou dende pequena asomada á ventá do seu cuarto. Mais o vínculo de Pilar co centro non é de simple veciñanza, senón que vai moito máis lonxe do esperado. Nin ela mesma imaxinou nunca que a conexión coas persoas que o habitan chegaría a ser tan poderosa.
Entre o realismo máxico e a dúbida constante de canto é froito da memoria, Diego Giráldez guía os nosos pasos a través dun relato cargado de sensibilidade pero tamén de frescura. Acompáñanos ata unha casa vella chea de mobles protexidos por sabas que imos retirando para descubrir os estragos do paso do tempo.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2025/05/XG00416101-600x890.jpg9.99instockLiteraturaNovela literaria00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2025/05/XG00416101-300x300.jpg98705987279876798751987639.990.000.002025-05-30T07:37:19+02:00
As obras póstumas
Logo de saber que padece unha demencia agresiva, a escritora Pilar Fonte recibe a encarga de escribir unha obra póstuma. Pilar, xa con moitas dificultades, vaille ditando a unha amiga que a acompaña algunhas pasaxes da súa vida e, sobre todo, a súa particular relación co centro psiquiátrico San Simeón, que contemplou dende pequena asomada á ventá do seu cuarto. Mais o vínculo de Pilar co centro non é de simple veciñanza, senón que vai moito máis lonxe do esperado. Nin ela mesma imaxinou nunca que a conexión coas persoas que o habitan chegaría a ser tan poderosa.
Entre o realismo máxico e a dúbida constante de canto é froito da memoria, Diego Giráldez guía os nosos pasos a través dun relato cargado de sensibilidade pero tamén de frescura. Acompáñanos ata unha casa vella chea de mobles protexidos por sabas que imos retirando para descubrir os estragos do paso do tempo.

Diego Giráldez (O Porriño, 1976) leva toda a súa vida profesional vinculado ao xornalismo e á comunicación. Ademais de coordinar varias cabeceiras, colaborou como columnista de opinión nos xornais «A Nosa Terra» ou «Xornal de Galicia» e, a través de reportaxes culturais, en «El País». Na actualidade, é colaborador do diario dixital «Praza Pública» e da «Revista Luzes». Ademais, fundou e dirixiu publicacións como o magazine «Kalaikia», «Malladoura» ou «CanZine». É autor de varios traballos sobre arquitectura e historia.
A súa primeira obra literaria de narrativa foi «Galería de saldos» (Xerais, 2016), libro de relatos polo que foi elixido «Autor galego do ano» pola revista «Fervenzas Literarias». Tamén publicou as novelas «Hotel para coleccionistas discretos» (2019), «O meu sangue» (2022) e «As obras póstumas» (Xerais, 2025), coa que logrou o XLIII Premio Blanco Amor de Novela.
Ademais, Diego Giráldez recibiu o Premio José Saramago de relato curto (2010), o primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo (2015), o Premio Literario Manuel Murguía (2016) e foi finalista do Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego nos anos 2020 e 2022.
Fotografía do autor: Mateo H. Soto.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!