José Carou Rey (Rianxo, 1969) é profesor de Filosofía no IES Camilo José Cela de Padrón. Publicou as novelas «Desvelando a Ademar Escambia» (Premio Antón Avilés de Taramancos 2019), «O bebedizo de Lúa» (Premio Lueiro Rey 1997) e «Ventre de madeira» (Xerais, 2025; Premio Lueiro Rey 2024). Tamén é autor dos poemarios «Diorama» (2022) e «Hemisferio Auga» (2021), así como de «Relatos da incorrección» (2021).
Escribiu crítica de cine e outras colaboracións ocasionais para distintos medios e recibiu diversos galardóns como o Premio Francisco Fernández del Riego, o Faustino Rey Romero, o Viadutos de Redondela ou o Premio Modesto R. Figueiredo, por «Afán e infortunio dos días estragados» (2018).
Saxofonista afeccionado, confórmase con pechar os ollos e escoitar a Coltrane para transcender o mundo feito exclusivamente de palabras.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.