O videoclip do «Thriller» de Michael Jackson rebentou as pantallas televisivas do rural galego no Nadal de 1983. Foi entón cando Francisco, para gañar a popularidade que nunca antes tivera, se rebautizou como Paquiño Jackson.
Agora está morto, pero, xunto coa súa vaca Marela, volve ao mundo dos vivos para atopar vinganza.
«A vinganza de Paquiño Jackson» é unha verbena estrafalaria, un crime no medio dunha festa, unha mácula negra no rexurdir dun milleiro de cores. Esta novela busca atopar unha adolescencia esquecida hai corenta anos en Rabodaleira e preguntarse por que a vitoria semella que nunca está a carón dos vulnerables.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.