«Agora as mestras non baten nas alumnas, pero daquela… canto máis duras eran as mestras, máis ríxidas e estritas, mellor sona tiñan. Pero tamén estaban as tolas, as que cantaban, as que tiñan unha maneira diferente de aprenderlles a vida. Esas non duraban moito tempo. Denunciábanas porque eran tan libres que metían medo e ninguén quería que os nenos e, sobre todo, as nenas se fixesen ilusións cun futuro mellor.»
Durante os anos infames da posguerra e ditadura, as familias aprenderon a gardar segredos, tamén silencio, porque había cousas que era mellor non saber ou non lembrar ou non atreverse a dicir. Pero, chegado o momento, sempre hai alguén que propón mirar ao redor, ter curiosidade, afastar os medos. Así é como Alicia descobre que houbo mulleres que, aínda que non aparecen nos libros, loitaron contra a desigualdade desde as escolas e abriron camiño.
Alicia e a mestra de Oza é o cuarto título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.