https://hablamosdelibros.es/producto/o-pazo-das-marismas-2/328163O Pazo das MarismasDurante a Primeira Guerra Mundial, os señores do Pazo das Marismas teñen que enfrontarse a conflitos xeracionais e protestas obreiras, mentres que unha serie de ataques violentos e asasinatos descubrirán as conexións entre crimes locais e plans militares secretos. Nunha atmosfera chea de misterio, tensión e cambios sociais, o pazo do fondo da Ría de Vigo convértese nun escenario de conspiracións e espionaxe internacional entre alemáns e británicos, cos intereses das grandes potencias sempre presentes.
Cun estilo áxil e moi cinematográfico, a novela combina a intriga do thriller co plano histórico e a crítica social, conformando un relato coral onde cada personaxe garda segredos e ambicións. Os diálogos vivos e as descricións coidadas transpórtannos a un momento de encontro entre tradición e modernidade onde as relacións de poder, paixón e traizón se entrelazan.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2026/02/XG00426901-600x890.jpg9.99instockNovela negra, misterio y thrillerLiteratura00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2026/02/XG00426901-300x300.jpg98385990309972298389996469.990.000.002026-02-17T04:43:01+02:00
O Pazo das Marismas
Durante a Primeira Guerra Mundial, os señores do Pazo das Marismas teñen que enfrontarse a conflitos xeracionais e protestas obreiras, mentres que unha serie de ataques violentos e asasinatos descubrirán as conexións entre crimes locais e plans militares secretos. Nunha atmosfera chea de misterio, tensión e cambios sociais, o pazo do fondo da Ría de Vigo convértese nun escenario de conspiracións e espionaxe internacional entre alemáns e británicos, cos intereses das grandes potencias sempre presentes.
Cun estilo áxil e moi cinematográfico, a novela combina a intriga do thriller co plano histórico e a crítica social, conformando un relato coral onde cada personaxe garda segredos e ambicións. Os diálogos vivos e as descricións coidadas transpórtannos a un momento de encontro entre tradición e modernidade onde as relacións de poder, paixón e traizón se entrelazan.
Durante a Primeira Guerra Mundial, os señores do Pazo das Marismas teñen que enfrontarse a conflitos xeracionais e protestas obreiras, mentres que unha serie de ataques violentos e asasinatos descubrirán as conexións entre crimes locais e plans militares secretos. Nunha atmosfera chea de misterio, tensión e cambios sociais, o pazo do fondo da Ría de Vigo convértese nun escenario de conspiracións e espionaxe internacional entre alemáns e británicos, cos intereses das grandes potencias sempre presentes.
Cun estilo áxil e moi cinematográfico, a novela combina a intriga do thriller co plano histórico e a crítica social, conformando un relato coral onde cada personaxe garda segredos e ambicións. Os diálogos vivos e as descricións coidadas transpórtannos a un momento de encontro entre tradición e modernidade onde as relacións de poder, paixón e traizón se entrelazan.
Alberte Blanco Casal (Cobres-Vilaboa, Pontevedra, 1951) é escritor, enxeñeiro e profesor xubilado de ensino secundario. Colabora coa revista «Grial» e coa publicación periódica do Fórum Galaico Transmontano de Chaves (Portugal). Foi columnista do xornal «Nós Diario» ata xaneiro de 2024, onde segue como colaborador. En calidade de Director Xeral de Montes participou na obra colectiva «Os incendios forestais en Galicia» (2006). En 2015 publicou a obra de investigación «O conflito de intereses no camiño de ferro de Zamora a Ourense. Aproximación histórica ao período 1840-1930» e en 2017 participou como relator e coordinador na obra colectiva «O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional?». En 2019 publicou «Memorias da brétema», un libro de investigación histórica, crónicas e memorias de infancia e adolescencia, e dous anos despois, «Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo» (Xerais, 2021). En 2023 participa como relator na obra «Diario de José Casal» e en 2024 participa tamén nunha obra colectiva sobre o 150 aniversario do camiño de ferro en Galicia, promovida pola Asociación Compostelá de Amigos do Ferrocarril.
Como narrador literario publicou as novelas «Arcadia. Os gardiáns do segredo» (2013); «O Códice esmeralda» (Xerais, 2017, finalista do Premio Xerais de Novela en 2015); «A soidade do inquisidor» (Xerais, 2024) e «O Pazo das Marismas» (Xerais, 2026, finalista do Premio Xerais de Novela 2025).
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!