Lara do Ar é o nome literario de Lara Domínguez, amante do recitado ao vivo desde que comezou coas Arroutadas Poéticas contra o ano 2000. Despois combateu a Hostia en verso na primeira década do século e chegou aos slams e á nova regueifa feminista coa mirada nos 20. Ten publicados poemas e traducións para Dorna, Madrygal e o colectivo A3, e traballa como intérprete, tradutora e profesora na Universidade de Vigo.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.