J.Ángel Xesteira (Redondela, 1946) estudou a carreira de Periodismo na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid, onde obtivo o título en 1972. Incorporouse á redacción de Faro de Vigo en 1975, onde chegou a ser redactor xefe. Fai crítica de cine desde hai máis de vinte anos e mantivo durante moito tempo columnas de opinión sobre temas políticos e sociais. Actualmente colabora semanalmente en Diario de Pontevedra. Como narrador deuse a coñecer con dous relatos, “Chao, moneca (ou, ¿cómo che vai miña rosa?)´´ e “O manuscrito atopado en Ramallosa´´, publicados no volume colectivo “Phiccións´´ (Xerais 2000). Logo publicou as novelas “Blues da ría´´ (Xerais 2001) e “Caldo de mares para homes libres´´ (Xerais, 2003); e os libro de relatos “Acompáñoo no sentimento´´ (Xerais 2001) e “Contos de familia´´ (Xerais 2005). É co-autor, xunto con Luis Borines, do álbums de postais “A memoria de Redondela´´ (Xerais 2001).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.