Xavier Manteiga é un escritor e guionista galego. Nado en Santiago de Compostela en 1968, é licenciado en Xeografía e Historia na especialidade de Historia Contemporánea. Como Escritor, posúe os seguintes Premios e Publicacións: “Morrer na herba´´ Edicións Positivas,
“Sinfonía inacabada´´ Finalista do PREMIO XERAIS DE NOVELA 1995 Edicións Positivas, “As portas do inferno´´ Finalista do PREMIO ESQUIO DE POESIA 1995 “Efrén´´ Poema narrativo para o libro colectivo “Berra liberdade´´ Editorial Galaxia, “Manancial´´ PREMIO XERAIS DE NOVELA 1997, “Ira´´ Finalista do PREMIO BLANCO AMOR DE NOVELA 1999. Editorial Galaxia e “O soño de Caín´´ Finalista do PREMIO GARCIA BARROS DE NOVELA 2005. Como Guionista, é autor, entroutras, das seguintes obras: “Ma Clon´´ Guión cinematográfico subvencionado polo Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (I.C.A.A), do Ministerio de Cultura, “Domingo Fontán´´ Nominado ao mellor documental no Festival de Cinema de Ourense 1996, TVG e Telecinco, Autor da Biblia e Guionista da sitcom Pequeno hotel TVG, Guionista do programa Con Perdón TVG, Dialoguista da serie Terra de Miranda TVG, Co-guionista e Editor da gala dos Premios Mestre Mateo 2003, Co-guionista dun especial de Platos Combinados TVG, Co-creador dos personaxes de ficción “Os Tonechos”, Guionista e Editor de preto de 100 sketchs de Os Tonechos para o programa Luar, de 30 especiais de Os Tonechos, e de 85 programas de O show dos Tonechos TVG, Autor de Mundo verde, en fase de pre-produción como película de animación 3-D e Guionista da sitcom Escoba! Ficción Producciones para TVG. 2011-12. Xavier Manteiga é ademais colaborador en diversas revistas e xornais de prensa, membro da Academia Galega do Audiovisual e co-fundador da AGAG (Asociación galega de guionistas).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.