Fernando Patricio Cortizo, (A Coruña, 1972) é técnico especialista en Cultivos Mariños e investigador de naufraxios. Actualmente é colaborador do xornal “La Voz de Galicia” na edición de Ferrol, da revista cultural “O Talieiro” de Malpica, e da TVG. Foi redactor da revista de mergullo “Espacio Submarino”. A súa vida, intimamente vencellada ao mar desde o barrio de Monte Alto, transcorre entre mariñeiros e os mergulladores do Clube do Mar de San Amaro. Coa súa paixón pola pesca submariña descubriu os fondos galegos e os seus primeiros pecios. A afección pola historia e polos naufraxios levárono a escribir os libros “Manual do alumno de mergullo con tubo” (1999); e “Historia da costa galega e os seus naufraxios, s. XIX” (2000) e “Historia da costa galega e os seus naufraxios, s. XX” (Xerais 2004). Actualmente está a traballar nun libro sobre a traxedia do Prestige.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.