É escritor, ilustrador e director de Arte, e compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro debido á súa variada obra. Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias sobre creatividade e pedagoxía ou en campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia, como «Graffiti e letras», «Creando historias con Anxo Fariña» e «Ti creas a historia». Tamén é docente nos graos de Deseño Gráfico e en Belas Artes. Ademais de ler, gústalle escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os videoxogos, os reloxos, correr… É autor dos libros da exitosa serie «Os Megatoxos» (que leva sete títulos publicados) e das novelas infantís «A chave da Atlántida» (Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 e Premio Frei Martín Sarmiento 2013), «Os ecos do lume» (2019) e «A Escola Robot» (2025). Publicou tamén a serie «Gliz» para primeiros lectores (2017), así como as novelas «Horizonte de sucesos» (2016) e «4 xinetes» (2017).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.