Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega, en Filoloxía Hispánica e tamén doutora pola UDC.
Publicou a súa primeira novela, ”Proxecto Bolboreta” (Premio Micronovela do Concello de Soutomaior) no ano 2007. Desde entón leva doce obras publicadas, todas elas destinadas ao público infantil e xuvenil, e moitas delas recoñecidas con premios a nivel autonómico e nacional.
En 2010 publica ”Violeta tamurana”, Premio Meiga Moira, galardón que volve acadar con ”Miña querida Sherezade” no ano 2014. En 2013 sae á luz a súa novela ”Nubes de evolución”, finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia e Premio Fervenzas Literarias. Con ”Volverás, golfiño” queda finalista do Premio Merlín. En 2015 gañou o Premio Jules Verne por ”Europa Express” e en 2017 foi finalista do Premio Raíña Lupa por ”O que sei do silencio”. Con ”Conta nove estrelas”, obra incluída na lista de honra da OEPLI en 2019, gañou o Premio Lazarillo 2018, así como o Premio Frei Martín Sarmiento. En 2020 gaña o Premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación e obtén o Premio Merlín por ”A folla azul”. No ano 2021 faise co Premio Raíña Lupa por ”Que me pare o corazón se te esquezo” e, ao ano seguinte, gaña o XIX Premio Anaya coa novela ”Alma de elefante”. En 2023 gaña o XLI Concurso de Narrativa Infantil Vila d’Ibi coa novela «O enigma de Sempreviva» (Xerais, 2025).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.