MARCOS VALCÁRCEL (Ourense, 1958-2010), foi doutor en Historia Contemporánea, é catedrático de Lingua e Literatura Galegas. O seu traballo de investigación centrouse na historia política do galeguismo en relación con Ourense e a historia cultural da cidade: A prensa en Ourense e a súa provincia (1987); Ramón Otero Pedrayo. Vida, obra e pensamento (1988); A cidade da Xeración Nós (1996); Pé das Burgas. Estudios de historia, literatura e xornalismo (1998); «Ourense, a gran cidade literaria», en A memoria de Ourense (1999); Ourense, craro río, verde sol. A cidade na voz dos seus poetas (2001); Carlos Casares, punto de encontro (2002); etc. Publicou ademais Xoaquín Lorenzo. Vida e obra (Xerais, 2004) e preparou a edición da Poesía en galego de Antón Tovar (2005). Foi membro correspondente da RAG, formou parte das Fundacións Carlos Casares e Curros Enríquez e dirixiu a sección de Literatura do Liceo de Ourense. Colaborou nos xornais La Región e Galicia Hoxe. Foi autor do blog as uvas na solaina (http://asuvasnasolaina.blogspot.com).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.