Manuel Portas (Barcelona, 1960). Arousán por ascendencia paterna e compostelán por adopción, é profesor de lingua e literatura no IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela, centro que dirixe desde hai anos.
Colaborou en diferentes obras didácticas e en publicacións de carácter pedagóxico, así como en xornais e revistas do país. A súa dedicación á análise social e á promoción do idioma levouno a publicar “Língua e sociedade na Galiza” (1990), unha das obras de referencia obrigada na sociolingüística galega. Participou en política e formou parte do goberno municipal de Santiago ao longo de dous mandatos (1999-2007). Deuse a coñecer como novelista no ano 2010 con “Denso recendo a salgado”, publicada por Xerais. Nesta mesma editorial publicou “Un dedo manchado de tinta” (2011), “Faneca Brava” (2013), finalista do Premio Xerais de Novela, e “Amor en alpargatas” (2015). No mesmo ano recibiu o Premio García Barros por “Lourenço, xograr” e en 2018 o Premio Blanco Amor coa obra “Por puntos” (2019). “Cadencias” é a súa sétima novela.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.