Naceu unha calorosa tarde de xullo preto da praia. O sol, o mar e os libros foron, desde o principio, os seus compañeiros de viaxe. Amante dos animais, estudou veterinaria e, aínda que exerceu uns anos, deseguida cambiou o bisturí polo teclado do ordenador e unha profesión máis creativa. Traballou nalgunhas das produtoras audiovisuais máis importantes de Galicia, tanto no departamento de desenvolvemento e guión como no de dirección. Como narradora, foi recoñecida con importantes premios, como o Premio Merlín de Literatura Infantil con «Nena e o mar» (Xerais, 2015), o Premio de Narrativa Infantil Ciudad de Málaga con «Patio de luces» (Xerais, 2020) ou o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil con «Esta é a miña historia e terás que crela» (Xerais, 2025). Outros títulos da súa autoría son «O poder de Amabel» (2012), traducida ao castelán, catalán e éuscaro, «Ulises e as cronoamigas» (2015), «Quen salva un can» (Xerais, 2019) ou o álbum ilustrado «Analfabeta» (Xerais, 2024), que asina xunto a Dani Padrón.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.