Goretti Fariña Caamaño (San Xoán de Baión, Vilagarcía) é licenciada en Bioloxía e doutorouse en Enxeñaría dos residuos. É profesora e guionista dunha empresa videográfica. Como poeta obtivo numerosos galardóns, entre os que destacan o Rosalía de Castro por Nai e mais ninguén (2000); o premio Avelina Valladares do concello da Estrada 2002 por Nada por vir; o XXVIII premio de poesía do Concello de Vilalba 2007 por Codias canda min e o premio de poesía Victoriano Taibo 2009, convocado pola entidade local de Morgadáns e polo Instituto de Estudos Miñoranos, por Devastacións dispoñibles (2010). Como narradora obtivo o premio de novela curta “Cidade centenaria de Riveira” 2011 por Orlando pendurado (Xerais 2012).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.