Xoán Neira (Meilán – Lugo, 1953), mestre en Viveiro, onde vive desde 1982. É membro fundador do Seminario de Estudos “Terra de Viveiro” co que participa en publicacións colectivas e outras actividades. Colaborador das páxinas de El Progreso- A Mariña.
Publica poemas en revistas: Guieiros, Lúa Nova, Saudade, A Xanela, A Casa da Gramática, Anto e Xistral e en libros colectivos: Poetas en Lugo, Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte, Alma de beiramar, Negra Sombra contra a marea negra, Homenaxe á Ánxel Casal, Uxío Novoneyra. A emoción da terra, Homenaxe poética ao trobador Xohán de Requeixo, O traque da Quenlla…
Premiado en distintos certames de poesía: Meigas e Trasgos (Sarria), Concello de Vilalba (en tres ocasións ), Rosalía de Castro de Barcelona e nos de xornalismo Reimóndez Portela (A Estrada) e Begonte e o Nadal, tamén en tres ocasións.
É autor dos libros de poemas: Memoria e soño (1996), Nas varandas do abrente (2000), Ás catro augas (2004) e Linguaxes (2005) en colaboración co artista plástico Otero Regal. En poesía infantil é autor dos libros Xiz de cor (2004), Farrapos de nube (2007), No cubil da lúa (2009) e coautor, xunto con Manuel Rodríguez, do poemario musicado Recreos (1997).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.