Lois Pérez (Lugo, 1979) é mestre, contador de historias, poeta, escritor e guionista. Coordina a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG. Forma parte do comité de redacción da revista «Luzes» e colabora con diversos medios. No eido da dramaturxia gañou en 2008 o Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega con «Saltimbanqui» (Xerais, 2008), dirixida e adaptada por Quico Cadaval. Como poeta, publicou «LP» (2013), «Long Play» (Xerais, 2017) e «Lugo Philadelphia» (Xerais, 2023), con fotografías de Alba Díaz. En 2017 gañou o Premio aRi[t]mar ao mellor poema editado en Galicia nese ano por «Blues do rei Bergman=B.B. King». Con «A gruta da torre» (Xerais, 2022) gañou o V Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, con «A tribo do mar» (Xerais, 2023) o XVI Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil e con «Cartas na escuridade» gañou o VI Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil 2024 e o Premio Follas Novas ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil 2025. «Hoxe toca Leiva?» (Xerais, 2026) é a súa primeira novela dirixida a lectorado adulto.
Fotografía do autor: Alba Díaz.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.