Louis Pergaud ((Belmont, Doubs, 1882 – batalla de Woëvre, Meuse, 1915) foi un escritor francés.
Quixo ser científico, pero as súas aspiracións víronse truncadas como consecuencia da morte do seu pai e o escaso nivel adquisitivo da súa familia.
Traballou como profesor suplente en Durnes e Landresse e, máis tarde, exerceu de mestre rural. En 1908 publicou o seu primeiro libro de poemas, polo que lle foi outorgado o Premio Goncourt. Será en 1912 cando publique A guerra dos botóns, obra de marcado carácter autobiográfico que narra en ton entrañable e desenfadado as aventuras derivadas da rivalidade entre os mozos de dúas vilas francesas.
Pouco tempo despois apareceu Miraut, can de caza, tamén ambientada no medio rural. A publicación destas obras foi simultaneada coa redacción de artigos xornalísticos, poemas, relatos e estudos de psicoloxía animal.
Morreu en acto de servizo durante a primeira guerra mundial, na que combatía como sarxento do exército francés.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.